Xosé Cabaleiro

PEDRAS, POR TEO TEIXEIRA

Cando entras no taller de Cabaleiro tópalo traballando na seguinte peza da súa artesanía escultórica, de un xeito formal para ser percebida e recibida polos sentidos.

A obra de Cabaleiro plantéxanos o granito fragmentado e discontinuo cuxos corpos se converten en obxetos típicos da nosa terra, que nos van invitar a reflexión, demostrando a riqueza da súa lenguaxe.

Nada hai máis satisfactorio para mín que constatar a capacidade que Cabaleiro ten de achegarnos o máis valioso do ser humano:  a transformación da materia – sexa o granito, a terracota, a pizarra ou a madeira – en un obxeto cultural galego válido para acrecentar a curiosidade.

A súa obra esta ligada á artesanía escultórica dende narrativas diferentes, nas que se expresa cun discurso muy persoal ao longo dun mesmo material a pedra, que conleva unha maneira específica do seu traballo, coas que se pode obter resultados moi diferentes, dependendo do xeito co que se enfronta a materia.

ABRAZANDO A ARTE

A metamorfose que Cabaleiro fai da pedra pode entenderse coma unha homenaxe á Galicia castrexa, á Galicia rural e á súa cultura.


CONTACTO

Para contactar comigo, diríxanse ao meu correo electrónico:

xosecabaleirosantos@gmail.com